Sete mil euros para o conservatorio

291
Sete mil euros para o conservatorio

Pecharáse con acristalamento o porche , cambiando a entrada do mesmo

O Concello de Xinzo de Limia dedicará unha partida de 7000 euros para pechar e acristalar o porche da entrada ao conservatorio, situada na zona traseira da Casa de Cultura par que pase xa a ser a entrada oficial hacia o centro educativo municipal.

Dado que a entrada actual non está acondicionada para minusválidos, aproveitarase esta zona, xa construída con rampla de acceso, para o facilitamento do paso a persoas con discapacidade física;

Grazas a este arranxo, tamén “se evitará o menudeo e os actos vandálicos que ata o momento tiñan lugar nesta zona” en palabras do Concelleiro de Urbanismo Ricardo Sieiro.

A obra comezará de forma inminente e, aproveitando a conxuntura, tamén se prevé acondicionar a praza para o goce dos veciños e veciñas.