O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá 500.000 € en actuacións de emerxencia na provincia de Ourense

rio limia con auga
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá 500.000 € en actuacións de emerxencia na provincia de Ourense

Estes traballos, que comezarán durante a primeira semana de maio, consisten na eliminación de tapóns, acarreos e restos vexetais e na restauración das marxes máis debilitadas polas crecidas.

Traballarase nos tramos máis afectados dos ríos Miño, Arnoia, Avia, Arenteiro, Sil e Limia e as súas afluentes

Actuacións

Debido aos refachos de vento, superiores aos 100km/h, e as intensas choivas dos meses de xaneiro e febreiro, producíronse danos na canle e marxes de varios ríos da provincia de Ourense, así como o taponamiento de infraestruturas de paso, pola caída e debilitación dun importante número de árbores e gran cantidade de acarreos de restos vexetais e troncos.

Para comprobar a magnitude do problema a CHMS realizou unha valoración cualitativa inicial, aínda que, ata a baixada dos niveis das augas non puido efectuarse a valoración cuantitativa definitiva, que facilitou a toma de decisión acerca da necesidade de actuar, de forma inmediata, nas zonas afectadas para evitar que os danos causados poidan agravarse con futuras inundacións e avenidas.

Para elo , programáronse actuacións de eliminación de tapóns de restos vexetais, restauración de marxes erosionadas e defensa das mesmas, rozas, retirada de acarreos, sedimentos e residuos, todo iso co obxectivo de restituír, canto antes, a capacidade de desaugadoiro das canles afectadas.

Os traballos prolongaranse durante 5 meses e comezarán a primeira semana de maio nos tramos máis afectados dos ríos Miño, Arnoia, Avia, Arenteiro, Sil e Limia e os seus afluentes, e serán executados por cinco brigadas compostas por cinco operarios cada unha.