O misterio do condutor fantasma

fantasma 2
O misterio do condutor fantasma
Un vehículo aparecía baleiro esta tarde no medio da estrada une Xinzo con Baronzás REDACCIÓN redac@dendealimia.com Onte pola tarde, un veciño limiao cubría...

Un vehículo aparecía baleiro esta tarde no medio da estrada une Xinzo con Baronzás

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Onte pola tarde, un veciño limiao cubría co seu coche o traxecto entre Xinzo e Baronzás. Circulaba á  altura do quilómetro un, cando tivo que deterse obrigado por unha furgoneta que daba marcha atrás, e despois quedaba parada no medio da estrada.  Pensando que o outro coche quería cederlle o paso o noso condutor adiantábao, quedando perplexo ao comprobar que non había ninguén ao volante.

O veciño decidiu pois, avisar á Policía Local. Unha vez no lugar dos feitos os axentes sinalizaron o incidente e procederon á localización do propietario, que non estaba moi lonxe. A dona da furgoneta do “condutor fantasma” estaba na súa casa, na beirarrúa do lado contrario ao que apareceu o coche e non se explicaba como este chegara ata alí. A explicación está bastante distante, lonxe do que poda parecer, dos misterios de Iker Jiménez. A furgoneta non tiña ben posto o freo de man e ao estar aparcada nunha beirarrúa cunha pequena pendente, a inercia e as leis da física fixeron o resto.