Montse Lama, deixa a corporación municipal de Xinzo

IMG_20190220_094255
Montse Lama, deixa a corporación municipal de Xinzo

Acaba de presentar a súa renuncia no rexistro do Concello

O que xa se esperaba dende fai unhas semanas ocorriu esta mañá as 09:30 a 3 meses das eleccións municipais.

Montse Lama, non quixo facer máis declaración, convocando a una rolda de prensa ás 11:30 nunha coñecida cafetería enfronte a Deputación Provincial. Todo apunta tamén a que una vez deixa de ser membro da corporación de Xinzo, perderá a condición de Deputada Provincial.

NOVA CANDIDATURA EN XINZO?

Esta situación, fará que para as elección do mes de maio en Xinzo, poida concorrir unha nova lista, que aínda sen confirmalo todo apunta a de Ciudadanos.

As primeiras declaracións a saída do Concello foron: Agora teño que pensar o que fago. Aínda non o teño claro, esta foi a única saída que me deu o partido. Todos sabemos quen goberna esta santa casa.

Esta mesma mañá ten convocada unha rolda de prensa ás 11:30, pero seguiu decindo que non ten nada decidido.

IMG_20190220_094212