Unha moza de 15 anos veciña de Xinzo está desaparecida dende o venres

nicole
Unha moza de 15 anos veciña de Xinzo está desaparecida dende o venres

A súa familia pide colaboración para dar co seu paradoiro

Nicole Rodríguez de 15 anos falta na súa casa de Xinzo dende o venres. A súa familia pide a colaboración de calquera que poida aportar algún dato para que a moza regrese canto antes.

Segundo fontes familiares, a rapaza foi vista por última vez o pasado venres na compañía dun mozo de 20 anos. No momento da súa desaparición vestía un xersei negro, unhas mallas cunhas listas de cor laranxa, unhas zapatillas de ton morado e levaba unha mochila. O seu pai sinalou que a propia filla lle ensinara unha foto do mozo co que foi vista, insinuando que lle gustaría ter algún tipo de relación con el. Polo momento o seu teléfono está apagado.

A familia está desesperada e pide axuda públicamente para que Nicole volva canto antes a súa casa e poidan pasar as festas de Nadal todos xuntos.

Se teñen algunha información sobre esta desaparición poden porse en contacto coa Garda Civil de Xinzo de Limia.