A música ten xa o seu espazo propio en Dende A Limia

Xulio Vespa
A música ten xa o seu espazo propio en Dende A Limia
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Despois dun ano e case dous meses de singradura, Dende A Limia.com enorgullécese por fin, de presentar un colaborador que...

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Despois dun ano e case dous meses de singradura, Dende A Limia.com enorgullécese por fin, de presentar un colaborador que versará sobre asuntos musicais a súa columna! Xulio César Docampo é a nova incorporación á familia de expertos de Dende A Limia.com. A partir de hoxe mesmo de forma periódica Xulio Docampo irá dándolle forma á sección "O TOCADISCOS DO PITELO: músicas pra saborear", e estamos máis que seguros de que non vos vai defraudar.

Deixámosvos unha pequena reseña de Xulio César Docampo escrita por el mesmo, e se o que queres é ler xa o seu primeiro artigo, non perdas máis tempo e preme aquí.

Xulio César Docampo. Naceu en Listanco (Maside) en 1969.

Estudou Filoloxía Hispánica en Vigo, e Galego-Portuguesa en Santiago, onde fixo tamén os cursos de doutoramento (que deixou a medio para ir traballar ao Concello de Lugo logo de acadar a praza de técnico de normalización lingüística). Despois de 15 anos pasando frío na vella Lucus Augusti, preferiu a quentura das termas da Chavasqueira e aprobou unhas oposicións da Xunta para virse para a vella Auria, onde traballa no Pazo de Xustiza.

Coa súa teima de deixar todo a medias, ten poemarios inacabados, relatos estancados, e dálle á guitarra coa impericia de que non persevera. Agarda que esta viaxe musical que lle ofrece Dende a Limia.com teña a continuidade que habitualmente lle nega aos seus proxectos...

Nós tamén agardamos que forme parte da nosa nómina de colaboradores durante moito tempo! Non nos podíamos permitir continuar sen engadir un experto en temas musicais moito tempo máis. Benvido a bordo Xulio!