NAS PATACAS NON SE USAN FITOSANITARIOS MASIVOS DE ACCIÓN HEBIICIDA

FINCA PATATAS2
NAS PATACAS NON SE USAN FITOSANITARIOS MASIVOS DE ACCIÓN HEBIICIDA

Según ADEGAL utilizouse erróneamente a fotografía dun campo de patacas

En vista á noticia publicada por DENDE A LIMIA, titulada \“TODOS CONTRA A APLICACIÓN MASIVA DE FITOSANITARIOS DE ACCIÓN HERBICIDA \“ e o uso erróneo dunha fotografía dun campo de patacas, ADEGAL pon de manifesto a mala imaxe que se está a dar da Limia, creando confusión nos consumidores e por tanto, danando gravemente o valor da comarca.

A Limia é unha bisbarra produtiva, caracterizada pola súa profesionalidade e capaz de conservar o medio do que dispón.

Os agricultores e gandeiros están a cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica no que a prácticas agrarias se refire, facendo uso do Código Galego de Boas Prácticas Agrarias, e non cabe dúbida, de que en tema de sanidade vexetal se están a utilizar os medios de defensa fitosanitaria que constan no listado de produtos autorizados do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, distribuidos a través de establecementos inscritos no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios de Productos Fitosanitarios.

Por tanto, faise necesaria unha rectificación da noticia publicada por non corresponderse coas prácticas realizadas no sector agrícola e danar a súa imaxe.