Nebraska, profeta na súa terra

305
Nebraska, profeta na súa terra

O COMBO Dominicano convertéronse nos teloneros da orquestra Limiá

A Tarde noite presaxiaba música e diversión a raudales da man dunha orquestra foránea e unha \“renovada\” orquestra da terra que sorprendeu a tódolos que se achegaron ao parque para escoitalos.

Comezou o Combo Dominicano, quentando a tarde, e non nos referimos a temperatura ambiente, se non a temperatura musical con ritmos caribeños que facían as delicias de todos os presentes, sobre todo xuventude. O momento álxido da tarde, no que moitos non estiveron e nos estamos por suposto de acordo, foi cando sube ao escenario unha preciosa nena de 4 anos para dedicarlle unha canción na que lle decía literalmente \“me voy a emborrachar, por mi culpa….\”. Creemos que precisamente a unha nena de esa idade, non se lle pode cantar algo así dedicado a ela a tan solo 10 centímetros e sen deixar de mirala. Sra. De Combo, \“ustedes si que tienen que hacérselo mirar\”.Non todo vale polo espectáculo.

NEBRASKA,SON, ESTILO MÚSICA VARIADA E ESCENARIO

306

Chegoulle logo a quenda a orquestra (Limiá fora de Ourense, e de Baltar, loxicamente na Limia). Decimos chegoulle o turno e souberono aprobeitar ante un público entregado pola causa, que fixo que a súa actuación pasase a ser a estelar da verbena de Xinzo.

Lurdes Jardón, sorprendeu a todos cada vez que saíu o escenario, escenario que en nada ten que envexar a os das grandes orquestras de afamado nome, pero claro, que non contribuen coa facenda pública, e así calquera pode presumir.Neste caso sabemos que a orquestra de Xinzo ven de invertir mais de 120.000 € no seu novo escenario.

Tito, Lurdes,Cristina e Cristian Rey, os limians propietarios e fundadores da orquesta demostraron \“na casa\” que as veces o refrán non é certo e eles a partir de hoxe , si serán profetas na súa terra.