A neve voltou á Limia por primavera

neve 3
A neve voltou á Limia por primavera

A previsión meteorolóxica non fallou e volveu aparecer a neve na Limia nesta pasada noite ós 600 metros.

O certo é que a mañá amenceu soleada e non foi ata a tarde cando comezaron a aparecer as nubes. Choveu con intensidade pasadas ás 20h e ata ben entrada a noite non caeron as primeiras folerpas. Nevou en puntos pouco comúns como en Xinzo pero onde máis folerpas caeron foi na montaña.

neve 1

Tempo pouco habitual para a esta época do ano, en plena primavera. Así as cousas a estas horas da mañá tan só quedan restos de neve nos picos máis altos da comarca.

Para as vindeiras horas non se agarda que siga nevando. As temperaturas permanecerán baixas e prevese que pola tarde regresen as precipitacións.