Ninguén quixo perderse o concerto de aninovo

5
Ninguén quixo perderse o concerto de aninovo

A Igrexa Nova de Xinzo acolleu o concerto da Agrupación Musical da Limia.

As primeiras interpretacións estiveron a cargo da ESMULI (Escola de Música da Limia) para interpretar dúas composicións: Scorpións e N. Ward.

6Despois foron os compoñentes da Agrupación Musical da Limia os que encheron de son a Igrexa Nova, que xa estaba chea de público, sen que houbera un sitio libre.

1ª Suite para Banda de Jorge Salgueiro foi a interpretación estrela do concerto que, perante máis de dúas horas, encheu de son a tarde do sábado.

Antes interpretaron Shindler´s List Thema, na que actuou como "violín solista" Iria Pérez Gregorio, membro de varias orquestras –entre elas a Xove Sinfónica de Galicia–, que veu a Xinzo para acompañar a Agrupación.7

Tocoulle despois á nova promesa da música na Limia –segundo o director– Miguel Quelle Donaire, que actuou de solista coa frauta traveseira.

Rematou o concerto seguido de palmas polo público asistente cunha peza clásica do entroido e un bis tamén con música de festa.