Noite literaria en Xinzo

Público asistente a presentación
Noite literaria en Xinzo

Na presentación do libro sobre o Entroido en Xinzo de “Miro”

A Casa de Cultura foi o lugar escollido para a presentación oficial e a firma de exemplares por parte do autor do libro sobre o Entroido de Xinzo “Tradición, Respecto, Sentimento” escrito polo cronista limiá Edelmiro Martínez Cerredelo “Miro”.

FEDERICO COCHO E ANTÓN RIVERO, PADRIÑOS DO ACTO

4

Os tamén escritores da terra, Antón Rivero e o xornalista e escritor Federico Cocho, foron os encargados de presentar o libro.

Os dous estiveron de acordo en que a historia de Xinzo estaba coxa ata o momento de ver a luz este libro que fala dun dos signos de identidade de Xinzo, o Entroido. Un Entroido que os dous cualificaron de unha festa na que o Entroido, FAI COMUNIDADE.

Louvaron os dous escritores, o traballo feito por Miro para escribir o libro sobre o Entroido máis diferente en moitos sentidos, destacando o de participativo e o de transmisión aos pequenos de cada casa.

O Entroido é unha festa que fai comunidade

Anteriormente tomou a palabra Elvira Lama, para agradecer a presenza no acto tanto ao público asistente como aos presentadores Federico e Antón.

Agradeceu tamén o esforzo levado a cabo pola Asociación a Pantalla, para que este libro, tan esperado polos entroideiros e entroideras vise a luz.

MOITO TRABALLO E POUCA COLABORACIÓN VECIÑAL

1

Tomou a palabra despois o escritor, para en primeiro lugar falar das dificultades que tivo para ver rematada esta súa penúltima obra, aproveitou para falar do seu último libro, polo momento, que verá a luz proximamente sobre a música na Limia. Referiuse as dificultades, posto que pediu colaboración nas redes sociais para que a xente lle enviara fotos para complementar a realización do libro, fotos vellas, que sabe positivamente que a xente as ten, e algunhas persoas en concreto posúen como tesouros, que o son, pero que lamentablemente tivo que dicir que non recibira nin a primeira.

3Agradeceu a acollida do libro, tanto nas librarías como no propio acto onde estivo bastante tempo asinado exemplares antes e despois da presentación.