Medio Ambiente paralizou a segunda fase do eixo de comunicacións Ourense-fronteira lusa
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
A Xunta de Galicia anulou o proceso de expropiación das fincas dos concellos de Verea, Bande, Entrimo e Lobios que se vía afectadas polo trazado da autovía a territorio luso. Cumprindo así co anunciado nun decreto autonómico do pasado mes de febreiro, que asegura que esta estrada non cumpre ningunha función concreta, polo que a súa ampliación ata Portugal non se producirá.
Cancélase pois o proceso de expropiación que se iniciara no 2009 e devolverase o que xa pasara a ser propiedade da Administración, aos seus antigos propietarios. Esta medida sorprendeu aos rexedores da Baixa Limia que agardan segundo declarou o alcalde de Bande, José Antonio Armada ao diario La Región: " que en canto a situación mellore a Xunta volva a apostar pola consecución da mellora viaria cara a Portugal".
Mala nova
No que todos os alcaldes dos municipios afectados das Terras de Celanova e a Baixa Limia é en que se trata dunha mala nova. A pesar de estar lindando co país veciño, as comunicacións con el precisan dunha mellora acuciante que polo momento no se producirá. O socialista Ramón Alonso, alcalde de Entrimo non ocultou a súa decepción e asegurou que é unha decisión que prexudicará os intereses de toda a comarca.