Non hai máis prazas en iniciación a percusión na Escola de Gaitas

Fernando, Miguel e Xoan
Non hai máis prazas en iniciación a percusión na Escola de Gaitas

Tivo que pecharse a matrícula por “overbooking”

A 15 días do peche oficial de matrículas na Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo, tivemos que pechar a matrícula de iniciación, porque, xa non temos nin sitio nin horas.

Este ano esperamos chegar ás 240 matrículas

Fernando, Xoán e Miguel, son os profesores que se encargan dende fai moitos anos da Escola de Xinzo e este ano están moi satisfeitos, a vez que sorprendidos coa cantidade de matrículas en todos os niveis, pero máis nas primeiras idades.

Tambor iniciación hai 32 nenos entre 4 e 7 anos.

20220915_193721(1)
Fernando, Miguel e Juan

Xoán, o profe de esta especialidade manifestaba : “Isto é unha barbaridade”

Preguntados sobre a súa opinión de esta “explosión de matriculas”, sobre todo nas idades máis baixas, opinan que en primeiro lugar está o feito de que xa todos damos por rematada a pandemia e outra das cousas que creemos que foi un revulsivo foi a nosa presencia no festival da Repúbica Checa

NOVOS VIAXES PARA O ANO QUE VEN

Unha das consecuencias do éxito desta actuación en Europa, onde fomos a única banda invitada de España é que para o ano que ven viaxaremos, anuncia Juan (que hoxe estaba de cumpre) que se fará posiblemente unha longa viaxe que nos levará a actuar en dous países distintos, un deles adiantou, está estes días en todas as noticias polo finamento da súa raíña.

QUEDAN AINDA PRAZAS LIBRES NAS OUTRAS ESPECIALIDADES

Nas especialidades que dependen de Miguel e Fernando, aínda quedan matrículas libres, que se poden solicitar ata o día 30 de setembro, data oficial de peche.