Non é necesario oír para sentir o Xurés

Non é necesario oír para sentir o Xurés

Os membros da Asociación de Persoas Xordas de Ourense desfrutan da Semana Santa con actividades adaptadas no Parque Natural

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Esta Semana Santa, Lobios é o anfitrión da segunda edición do Encontro Galego de Sendeirismo e Montañismo organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Ourense e a federación galega. Mañá e pasado serán dúas xornadas cheas de actividades, onde se combinarán sendeirismo e cultura.

Así, teñen preparadas ata catro rutas con distintos niveis de dificultade que compaxinarán ca visita aos lugares máis sobranceiros do Parque Natural do Xurés, desde o dolmen de Casa da Moura ata a Pena de Ahaman.Un proxecto pensado e deseñado especialmente para este colectivo, que atopa moitas barreiras á hora de atopar actividades de ocio adaptadas.