Non sei sinceramente porque a min me está a pasar isto . Algún dia se sabrá e por suposto que o contarei

Non sei sinceramente porque a min me está a pasar isto . Algún dia se sabrá e por suposto que o contarei

Xa non pertenzo ao PP polo que de agora en adiante poderei dicir o que queira sen danar o partido, pero que conste que foi unha decisión totalmente voluntaria

Antonio Rodríguez en declaración en exclusiva a \“dendealimia.com\” di estar moi tranquilo e mais esperanzado en que todo isto , non será mais que un desagradable suceso na súa vida, que dende logo xa dura bastante, pero que , non ten a mais mínima dúbida , que terá un final feliz.

Estou moi tranquilo e mais esperanzado en que todo isto dentro duns anos será unha historia con final feliz

Esperaba este resultado?

Xa esperaba o auto da xuíz, pero dende fai un ano

Cando ves como discorren as cousas, xa sabes onde vai a chegar e aínda que neste caso teño a conciencia tranquila esta situación lévoa esperando fai mais de un ano. Eu sinceramente confío na xustiza, pero para iso teñen que ver toda a documentación aportada.

NINGUÉN ME PEDIU A BAIXA DO PARTIDO

Non vou a entrar nas manifestacións da Sra. Lama do que di ou non o decálogo do partido nestes casos. Eu decidín onte a tarde pedir voluntariamente a baixa, para que ninguén teña que responder a preguntas por min. Pero para aclararlle a Sra. Lama direille que o decálogo do PP di que pedirá a súa baixa cando se abra o xuízo oral. De momento aínda hai un longo percorrido ata aí. Pero como dixen, non quero que ninguén do PP, teña que responder por min. Xa o farei eu nos tribunais, e despois teño claro que mais de un e de dous terán que retractarse dos comentarios de agora.

NON ENTENDO NADA DE NADA

O mesmo caso como o do concello de Xinzo ocurriu en 18 ou 20 concellos da provincia de tódolos cores, pero o de Xinzo cunha diferenza substancial, que parece que ata agora non ten importancia ningunha, pero que os meus avogados confían en que en algún momento se valoren como se debe.

INFORMES TARDE E MAL

Tódolos outros casos como dixen, tiñan informes en contra, en tempo e forma. No caso de Xinzo eses informes con datas de varios meses, foron feitos, como demostra a documentación que teño no meu poder, e no ordenador que ten a policía local, repito, foron feitos nun día de novembro as 16:50, moitos meses despois dos feitos polo que se me acusa, por certo, cando o concello está pechado. E como non! impresos ese mesmo día todos. Repito con datas de varios meses antes. Alguén verá iso e lle dará o valor que lle corresponde.

Tamén teño que aclarar que o procedemento administrativo dos informe de reparo (si existirán) esixe que o secretario os comunique no seguinte pleno, e logo envialos coas contas anuais ao Consello de Contas de Galicia.

Que diga a oposición en que pleno se dixo.Non hai ningunha acta que o reflicta.

TRANQUILO ESPERANZADO E CONFIADO

Alcalde xinzo 1Como dixen anteriormente, xa estamos no momento en que sabía claramente que chegaría xa fai mais dun ano, pero estou tranquilo, esperanzado e confiado na xustiza. Dende logo si anuncio que chegarei ata Estrasburgo, porque coa razón chegase ata o final.

Neste momento non quero facer mais comentarios nin declaración porque sería dar moitas pistas por onde irá a miña aclaración dos feitos, dos cales honradamente non teño ningunha culpa. Todos os outros procesos iguais a este remataron en rescisión de contratos e nada mais, non entendo por que eu son o chibo expiatorio para que se me leve ao penal. Non sei ben o por que, pero cando todo acabe supoño que se aclarará. Eu non teño nada que ocultar, e por suposto o que non se me está a xulgar e por quedarme cun solo euro nin do concello, nin de ninguén. Afortunadamente non vivo da política, pero NON vou a permitir que se manche a miña honra sen que fixera nada que non fixeron os outros 20.

DECLARACIÓNS DA SRA.LAMA

Non quero entrar en valoracións do que diga esa señora, porque xa bastantes problemas teñen eles na súa casa, e non vou a dicir nada. Cando pidan o pleno, que supoño que será maña, xa contestarei a todo.

MAIS DE CEN CHAMADAS

No dia de hoxe recibín mais de 100 chamadas de xente que traballa no partido a nivel local, que son as importantes. As dos dirixentes tamén, pero as importantes de verdade son as dos que están todos os días a teu carón traballando.Tamén por todos eles chegarei ata o final, para demostrar que non houbo ilegalidade ningunha que conleve este castigo que se me pide.

QUE VAN A FACER O RSTO DE CONCELLEIROS?

Eles dixeronme que querían deixar tamen a súa militancia no partido, pero eu esixinlle que se manteñan ode están, que todo isto pasará.