Nova actualización de datos sobre contaxios no Concello de Xinzo

11111111
Nova actualización de datos sobre contaxios no Concello de Xinzo

A Alcaldía di que seguirá informando puntualmente, cada vez que os datos lle sexan remitidos pola propia Xerencia.

O departamento de comunicación ven de informar dos datos enviados pola xerencia de área de Ourense, sobre as persoas que ata o día de hoxe están dados de alta no sistema como persoas positivas en Covid-19

DUDAS NAS REDES SOCIAIS

Nas propias redes do Concello, son moitas as preguntas que a cidadanía fai con respecto a estes datos, que non sería malo que a alcladía respostara nalgún momento:

.- A data de hoxe pero dende cando?

.- É decir , cando empezou esta conta? E son casos ‘activos’ ( ainda infecciosos ou en periodo de Incubacion ) todos ou tamen se calculan os positivos que xa pasaron a enfermedade?

si o Covid ten un período de incubación de 14 días , quere decir que temos hoxe en día 41 casos que dieron positivos fai ó menos duas semanas , é asi? Si alguien deu positivo fai un mes non estaría xa ‘activo ‘ e Enton non incluido nestes números, é asi?

Sobre algunha das preguntas, este xornal ten constancia de que o SERGAS está dando datos de “POSITIVOS” noutros concellos que fai 15 días que xa están na rúa, curados e con anticorpos.