A nova directiva de ProLimia foi elixida por aclamación dos presentes

hdr
A nova directiva de ProLimia foi elixida por aclamación dos presentes

Traballar e facer que isto non morra, tendo que camiñar todos na mesma dirección (Amador Conde)

As primeiras declaracións do presidente ao final da asemblea manifestou que os primeiros pasos serán a recollida de documentación e intentar por en marcha dous proxectos a corto prazo. O primeiro é a de asinar un convenio con algunha entidade bancaria que oferte servizos interesantes para os socios e a segunda, que non será fácil se non é coa intervención e colaboración de todos sería a de crear unha plataforma en internet, non de venta, se non de poder mirar cando un ten intención de facer unha compra, ver si algún comercio de Xinzo ten o produto que se busca.

A situación, continuou dicindo Amador, non é fácil, pero neste momento tanto a min como a xunta directiva o que nos sobran son ganas.

A presidenta saínte desusoulle moita sorte a directiva que agora colle a asociación ofréndolle o seu apoio institucional e póndose ao seu servizo para facer o traspaso de tódolos datos de socios ademais de toda a documentación que obra no poder da asociación ademais de material, como carpas, da feira que se organizara fai dous anos. Toda a miña gratitude por seguir adiante co proxecto.

directiva 2

A nova xunta directiva fórmana as seguintes persoas:

Presidente: Amador Fidel Conde

Vicepresidenta: Mª Concepción Conde

Secretaria: Sonia Trigo

Tesoureiro: Victor M. Pérez Caamaño

Vocais: Natalia Cid e Mª Inmaculada Losada.