Nova xornada de PCR masivos este sábado en Xinzo

Nova xornada de PCR masivos este sábado en Xinzo

O SERGAS fará outra xornada en busca de asintomáticos

Elvira Lama, dende o seu illamento ven de anunciar que a Xefa Territorial de Sanidade lle comunicou que este sábado os equipos do SERGAS volverán a desprazarse ata a vila para facer PCR masivos a poboación de Xinzo ante as peticións reiteradas da alcaldesa.

Elvira Lama nun plenoPreocupada pola elevada incidencia no noso Concello así como polo aumento no número de casos, e despois de insistir, tanto ao Sergas como ao propio Conselleiro de Sanidade, acaba de comunicar a Xefa Territorial, que van a facer probas PCR o vindeiro sábado en Xinzo.

En canto sepamos máis datos farémolos chegar.

Agradecer aos responsables que tiveram en conta a solicitude, para poder detectar asintomáticos transmisores. E pedir a tódolos veciños e veciñas a máxima colaboración e responsabilidade.