Novas accións contra os roubos de motores de riego e gasóleo

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
Novas accións contra os roubos de motores de riego e gasóleo

Aumentaráse mais patrullas da Garda Civil e a Policía Local

O mércores reunironse nas dependencias do Concello de Xinzo os Ptes. das comunidades de regantes e o Capitán da Garda Civil coa presencia do alcalde de Xinzo , Antonio Pérez, para tratar o tema dos roubos, non solo de motores e de gasóleo e demais cuestións relacionadas cos agricultores.

Reunión moi cordial, xa están facendo vixilaincia nocturna, pero parece que ahora cambiaron o \“modus operandi\” e agora fan os roubos de día.

A Garda Civil, ademais da vixilancia específica nocturna, xa puxo temen outra patrulla polo día e unha das medidas tomadas, creemos que moi importantes, é a revisión do gasóleo dos coches. Xa neste momento se están a facer comprobacións nos coches, e como todos sabemos ese rastro queda por moito tempo nos tanques.

COLABORACIÓN POLICÍA LOCAL

Tamén a partir desde este fin de semana a Policía Local de Xinzo, patrullará conxuntamente coa Garda Civil sobre todo nos pobos achegados a capitalidade. Isto farase para que a Policía en 3 ou 4 minutos poderían estar de volta na capitalidade.

CÁMARAS DE VIDEOVIXILANCIA

Tamén nos comunicaron os agricultores que moitos están instalando cámaras de videovixilancia nas súas instalación, loxicamente dirixidas exclusivamente a zona privada.

Esperan que con estas medidas o problema quede resolto en pouco tempo.