Novas Xeracións de Ourense visita unha empresa da Limia para fomentar o emprendemento

hortas
Novas Xeracións de Ourense visita unha empresa da Limia para fomentar o emprendemento

Novas Xeracións de Ourense visitou a empresa Limiá Hortícolas Gallega e Gallega de Patatas en Xinzo co fin de potenciar o emprendemento.

Diego Gago e Jose Antonio Parente acompañados por máis membros da agrupación e o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, visitaron as instalacións e estiveron acompañados tamén polo deputado popular por Ourense, Miguel Ángel Viso.

Aproveitaron a ocasión para coñecer unha empresa que leva 10 anos de traballo consolidándose como unha das empresas líder do sector da comarca.

Coñeceron de primeira man os produtos cos que traballan e como se envasan para a súa comercialización.

O fin da visita é por en alza a importancia do emprendemento e a loita polo traballo entre os máis novos así como valorar o potencial que ten a agricultura na Limia como fonte de emprego e riqueza económica.