Novo accidente no día de hoxe

1
Novo accidente no día de hoxe

O condutor tivo que ser escarcelado

Novo accidente nas estradas de Xinzo no día de hoxe. Un veciño de Vilagarcía alertou el mesmo ao 112 para avisar do accidente que lle ocorrera, segundo manifestou el mesmo, por quedarse durmido.

Sobre ás 20:00, na estrada que une Parada de Ribeira e Xinzo unha furgoneta saíuse da estrada.

ESCARCELAMENTO DO CONDUTOR

3Cando chegaron os primeiros auxilios a zona do accidente o condutor atopábase atrapado no coche, tendo que ser escarcelado polos bombeiros do Parque Comarcal da Limia. Tamén foron avisados efectivos do 061 que mobilizaron o helicóptero, aínda que ao final, non tivo que ser trasladado nel.

O condutor tiña fortes dores no peito, pero que non parecían de prognostico.

Ata o lugar do accidente achegáronse membros da Garda Civil de Xinzo e Verín, Policía Local e membros de Protección Civil.

2