Novo accidente en estradas da Limia, e van...

accidente 1
Novo accidente en estradas da Limia, e van...
Parece ser que un dos condutores non fixo stop

Colisión frontolateral entre dous turismos, resultando feridos leves ambos os condutores.

Ás 17:15 horas de hoxe, na estrada OU1104 (#Trasmiras - Vilar de Barrio), ao seu paso pola localidade de Vilaseca -Trasmiras ocurriu un sinistro, no que se viron implicados un Kia Sportage e un Fiat Panda. Pproduciuse nun cruzamento a nivel de dúas vías, en forma de cruz, estando regulada a prioridade de paso por sinal vertical de STOP. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, un dos condutores non respectou a sinalización e interpuxo o seu vehículo na traxectoria do que circulaba pola vía que goza de preferencia.

accidente 3

Interviron unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, os bombeiros de Xinzo. Ambulancias do 061. Os dous condutores precisaron asistencia médica e foron trasladados ao Jospital de Verín.

accidente 2

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense quérese facer un chamamento para que se manteña a atención na condución e a alerta, tanto na rede principal de estradas como na secundaria, así como nas vías locais, onde, nestas últimas, adoita haber certa relaxación e descoido na condución motivado por unha excesiva confianza. Feito certo e evidente, que demostra o anterior, é que os accidentes máis graves habidos esta tempada tiveron lugar neste tipo de estradas.