Outro novo accidente na pista da Moreira

IMG_20200605_221119
Outro novo accidente na pista da Moreira

O coche quedou tendo man dun poste eléctrico, de formigón

IMG_20200605_221119

Sobre as nove da noite un VW petou de fronte contra un poste do tendido electrizo mesmo na explanada da entrada principal do campo da Moreira.

IMG_20200605_220757

Sorprendente e afortunadamente tanto o condutor coma os ocupantes do VW saíron ilesos do accidente. Non así o coche que sufriu bastantes desperfectos na súa parte dianteira.

Ata o lugar do sinistro achegáronse os bombeiros a Policía Local e membros de Protección Civil de Xinzo, os cales non tiveron que actuar, posto que non houbo feridos de ningunha consideración.

2020060523595966500

Cando chegaron os operarios das liñas eléctricas tiveron que chamar outra guindastre, posto que si sacaban o coche o poste do tendido de formigón caía ao chan, tendo que chamar outra guindastre para ter man do poste e poder así retirar o coche.

Este é o terceiro accidente en poucos meses na mesma pista. Outra vez soou a voz de alarma entre os veciños que fai meses veñen solicitando unha solución por parte do concello, en canto a asfaltado das pistas así como sinais de velocidade, ademais nesta época o desbroce das veiras, que en algúns dos cruces, impiden a visión.