Novo curso da escola de tempo libre Limicorum

curso de monitora de tempo libre 2015
Novo curso da escola de tempo libre Limicorum

O curso intensivo de monitor de actividades de tempo libre terá lugar dende o 19 de xullo ata o 7 de agosto

A escola de tempo libre Limicorum (pertencente ó Centro de Desenvolvemento Rural O VISO) achega, un ano máis, a oportunidade de poder formarse no eido do tempo libre convocando un CURSO INTENSIVO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE. Esta actividade terá lugar dende o 19 de xullo ata o 7 de agosto no albergue do CDR \“O Viso\”.

Este curso está homologado pola Xunta de Galicia e permite traballar con nenos, maiores, en campamentos, comedores escolares,e infinidade de sitios máis. A Escola de Tempo Libre LIMICORUM xurdiu dende as necesidades que se visualizaron no CDR \“O Viso\” que foi a matriz de inicio desta escola.

Como escola de tempo libre, a súa función é formar profesionais capacitados para o desenvolvemento das actividades de tempo libre. Todos os programas teñen como obxectivo saber facer, conxuntándose coa xente e tendo sempre en conta o respecto polas persoas, valorando os recursos existentes e potenciándoos. A escola aposta pola educación e a formación como elemento transformador. A animación é considerada como un modo de traballo, a través do cal se poden fomentar valores, ampliar coñecementos e facer \“persoas\”.

O único requisito é ter máis de 18 anos e posuír o graduado en ESO. Para máis información e inscrición pódese chamar ao 988461571 ou escribir un correo a cixdalimia@cdroviso.org