Abel Toral, o dono do Castillo de Sandiás e psicólogo zen, é a nosa última fichaxe
REDACCIÓN [email protected] Twitter: @DendealimiaA nosa pequena gran familia non para de medrar. A partir de hoxe seremos un máis á mesa neste dixital que pouco a pouco vai cubrindo grazas aos seus marabillosos colaboradores, tódolos campos do saber. A nosa última incorporación é Abel Toral, o dono do Castillo de Sandiás e psicólogo zen.
Abel Toral nacía en Ourense hai 72 anos e formouse como perito industrial e psicólogo, converténdose despois no primeiro psicólogo zen de Ourense. Ex profesor da Universidade Laboral, Abel Toral é un asiduo da meditación e a súa relación coa Limia, que lle levou a construír a súa particular casa-castelo en Sandiás, foi froito da súa amizade coa familia Maquina.
Para ler o primeiro artigo de Abel Toral, preme aquí.