Un paso máis sobre o proxecto da entrada a Xinzo

Foto montaxe acceso a Xinzo
Un paso máis sobre o proxecto da entrada a Xinzo
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o proxecto de trazado da “Humanización da travesía de Xinzo de Limia na N-525”.

Proximamente someterase ao trámite de información pública, o que implica a publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial do Estado (BOE). O orzamento estimado da actuación é de 3,9 millóns de euros e o seu financiamento correrá a cargo do programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns do fondo

Actuacións previstas

  • As obras obxecto do proxecto consisten na mellora da urbanización da contorna da N-525 ao seu paso polo núcleo urbano de Xinzo de Limia, tratando por unha banda de separar o tráfico rodado da estrada das zonas destinadas ao uso peonil e ao estacionamento de vehículos, así como a dotación de servizos situados nas marxes e que con motivo das obras e dada a súa antigüidade, necesitan ser renovados.

  • Procederase tamén a soterrar a liña de iluminación pública, recuaranse as luminarias e semáforos existentes, adaptándoos á nova aliñación das beirarrúas, que gañarán anchura permitindo o paso cómodo e seguro dos peóns.

  • A humanización inclúe dúas novas glorietas e na zona do Pombal e da Praza Maior proxéctase unha plataforma elevada ao mesmo nivel das beirarrúas, para priorizar os tráficos peonís.

  • Tamén se sobreelevarán dous pasos de peóns, dous pasos ciclistas e dispoñerase un atenuador de velocidade sobreelevado.

  • Proxéctanse zonas axardinadas para separar a zona peonil do tráfico rodado e as circulacións peonís e ciclistas.