"Numericamente somos a maior potencia galega en Banda de Gaitas" Fernando Dopico
A primeira das accións a levar a cabo é a de cambio da vestimenta oficial da Banda. Xa ten moitos anos e chegou o tempo de cambiala. Neste caso o encargo foi feito a un deseñador de Xinzo, e pronto comezará coa confección.
O 25e 26 marzo en Xinzo farase a primeira fase da. Xinzo será anfitrión de mais menos 40 bandas de gaitas de toda Galicia de fora de Galicia, Asturias..
Haberá un pregoeiro de honra, non galego cunha participación de dous “monstruos” instrumentistas, que nos darán unha “master class” sobre manexo dos instrumentos de Folk.

Estrea da nova Banda B
Estrearase nun festival esta primavera. Tamén se presentará oficialmente a Banda J (Sénior). Esta é unha banda que non ten responsabilidade de festivais, pero que si vai enchendo de música certos espazos, sobre todo e por riba de todo de divertimento.
Novo grupo de cantareiras
Outra das novidade a presentar este curos será a Novo grupo de cantareiras. Presentarase probablemente no segundo trimestre, sempre parello a Banda A.

Unha das conclusións que os tres profesores da escola teñen claro e que despois de 25 anos de historia da Escola somos o faro e a guía de moitas escolas de Galicia. Cónstanos e así no lo transmiten outras agrupacións di Fernando.
Numericamente somos a maior potencia galega en Banda de Gaitas, non solo en valor relativo, se non practicamente en valor absoluto, por nº de matrículas.