O venres 25 tractorada polas rúas de Xinzo

Amador Díaz, como presidente da asoc. de produtores de pataca
O venres 25 tractorada polas rúas de Xinzo
Concentración dos tractores a partir das 11 da mañá no parque do Toural

As doce da mañá esta prevista a saída dos tractores e demais vehículos que os queiran acompañar para a caravana. Despois do parque dirixiranse pola rúa Dous de Maio, para coller a adv./ de Ourense ata a rotonda da autovía para pasar diante do polígono industrial e dirixirse ata Morgade. De Morgade polo monte ata Baronzás e entrar pola S. Sebastián para rematar a marcha outra vez no parque.

Unha vez máis Amador agradeceu a presenza de tantos veciños no día de hoxe.

PECHE DO COMERCIO O VENRES

Amador comunicou aos presentes na súa intervención a satisfacción que tivera antes do comezo desta concentración que había recibido unha chamada de ProLimia en representación do comercio da vila, anunciándolle o apoio do sector e demostrándollo pechando as portas dos comercios e hostalaría ao paso da caravana o venres.