A obra do supermercado Mercadona en Xinzo avanza a bo ritmo

mercadona
A obra do supermercado Mercadona en Xinzo avanza a bo ritmo

A apertura máis agardada do ano en Xinzo está a piques de producirse. O supermercado Mercadona ten previsto estar funcionando en novembro e si o ritmo das obras segue igual, parece que o prazo se vai cumprir.

As divisións interiores xa están feitas na nave, a luz instalada e xa se colocaron tamén os carteis exteriores. De feito o avance dos traballos está sendo un dos temas máis comentados entre a cidadanía.

mercadona1

As obras deron comezo a finais do mes de xuño logo de obter a licencia municipal para levar a cabo os traballos que conlevan un custe de tres millóns de euros.

O grupo de goberno confía en que Mercadona axude a reactivar a actividade empresarial na vila e no polígono industrial. A empresa líder en alimentación oferta 17 postos de traballo que xa superaron as 2.000 solicitudes nun portal de busca de emprego.