Obradoiro de doces de Nadal na Casa dos Poetas de Celanova

image001
Obradoiro de doces de Nadal na Casa dos Poetas de Celanova

Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderán a realizar receitas sinxelas de doces de Nadal de elaboración tradicional e moderna

Os sábados 2 e 9 de decembro, a Casa dos Poetas de Celanova acolle novamente un "obradoiro de doces de Nadal" organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova en colaboración coa Asociación Cultural As Ortigas.

O prezo é de 12€ polas dúas xornadas.

O obradoiro está destinado a nenos de máis de 6 anose constará dunha sesión de mañá de 11:30 a 13:00 horas que se desenvolverá na Casa dos Poetas e poderá ampliarse a unha sesión de tarde de 16:30 a 18:00 horas no caso de conseguir un mínimo de participantes para esa sesión.

Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderán a realizar receitas sinxelas de doces de Nadal de elaboración tradicional e moderna: turrón mazapán, polvoróns ou galletas. Cunha degustación ó finalizar cada xornada, este obradoiro desenvolverase unha maneira activa e participativa. A inscrición poderá realizarse contactando coa Fundación Curros Enríquez no 646026421 ou no correo fundacion@currosenriquez.es e o prezo é de 12€ polas dúas xornadas.