As obras da rúa da Igrexa estarán rematadas en 15 días

IMG_20180527_120520
As obras da rúa da Igrexa estarán rematadas en 15 días

O alcalde de Xinzo adiantou nunha rolda de prensa que as obras da remodelación da rúa da Igrexa de Xinzo poderían estar rematadas nun prazo de dúas semanas. Neste sentido e aproveitando a intervención dos ténicos, explicou que se chegou a un acordo con Gas Natural Fenosa para realizar unha serie de canalizacións nesta rúa e abastecer os 20 veciños da zona con un servicio que ata agora non dispoñian.

Por outra banda, no seu encontro cos medios, Manuel López Casas, asegurou que se continua traballando para conseguir a declaración de Trandeiras como Ben de Interés Cultura e que nas próximas semanas e contratará un servizo especializado para realizar o desbroce e limpeza da zona do claustro e todo o entorno do Mosteiro. Gran parte do traballo para conseguir este distintivo está sendo realizado pola asociación Amigos do Mosteiro, comenta o alcalde, que di que lle pediron a documentación vencellada á titularidade do concello, a cal será facilitada.

As cinco hectáreas do terreo que rodean o mosteiro foron adquiridas polo concello no ano 1987, do mesmo modo que a edificación que antes era propiedade da Igrexa.