Odaiko amosa hoxe sábado en Xinzo o seu traballo Galicia on Board

OdaikoPercussion
Odaiko amosa hoxe sábado en Xinzo o seu traballo Galicia on Board
A cita terá lugar maña sábado 5 ás 22:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura Odaiko Percussion fai...

A cita terá lugar maña sábado 5 ás 22:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura

Odaiko Percussion fai unha parada en Xinzo para presentar o seu proxecto Galicia On Board. O evento, organizado pola Consellería de Cultura, Educación  e Ordenación Universitaria; pola Asociación Galega das Industrias Culturais e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia este sábado ás 22:30 horas. Este innovador proxecto ofrécenos unha viaxe a través do tempo que nos sitúa lonxe, cara o século XIX. A partires de ahí, as súas composicións amosan o intenso cambio que se produciu ó longo do tempo en Galicia ata chegar ós nosos días. Segundo os artistas o folclore, o labrego, a emigración e a industrialización son algúns dos moitos conceptos sobre os que versará a súa actuación.