Os oitos detidos onte por roubos con forza, entre eles dous veciños de Xinzo, postos en liberdade

A Garda Civil incautose dunha grande cantidade de material supostamente sustraído polos detidos. GC
Os oitos detidos onte por roubos con forza, entre eles dous veciños de Xinzo, postos en liberdade
Catro deles abandonaron as dependencias policiais con medidas cautelares REDACCIÓN redac@dendealimia.com As oito persoas detidas onte pola Garda Civil no marco da “Operación...

Catro deles abandonaron as dependencias policiais con medidas cautelares

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

As oito persoas detidas onte pola Garda Civil no marco da “Operación Soplete”, entre as que había dous veciños de Xinzo, foron postas en liberdade, despois de ter pasado esta mañá a disposición do xuíz. Todos eles están imputados segundo fontes xudiciais, por un delito continuado de roubo con forza, pero soamente a metade deberán presentarse no xulgado os días 1 e 15 de cada mes.

As investigacións iniciáronse o pasado mes de maio despois de que un roubo nos traballos do AVE en Taboadela fose denunciado. E coa actuación de onte pechábase a primeira fase do operativo, co esclarecemento de 76 roubos e a incautación dunha grande cantidade de material.

O “modus operandi” do grupo era claro, estaban ben organizados, facían vixilancias, tomaban certas medidas de seguridade e desprazábanse principalmente de noite e por estradas secundarias. Sustraían principalmente cobre e maquinaria que posteriormente, levaban ás súas propias vivendas para preparalos para a venta.