Onte a noite unha cea con máis de 240 persoas

IMG_6779
Onte a noite unha cea con máis de 240 persoas

Este ano a organización da festa do ESQUECEMENTO está moi satisfeita porque despois de moitos anos en que a festa sufriu un bache bastante profundo, nesta edición todas as cifras son de record.

CEA PANTAGRUÉLICA COMO COMEZO DO ESQUECEMENTO 2018

Para ir quentando motores

1

Na noite do xoves, e para ir entrando en calor, celebrouse unha cea para todos aqueles socios, invitados dos socios e participantes da festa acadando a cifra de máis de 240 persoas, converténdose na maior “quedada” de xente para comer pertencentes a un grupo ou asociación de Xinzo.

Todo grazas a COREN en primeiro lugar así como a D.O. Monterrei que aportou o viño e algún establecementos de Xinzo entre os que se atopan as panaderías Outurelo e Viladerrei que se encargaron de elaborar empanadas e pan, sen custe, así como a taparía Troula que se encargou de facer un aperitivo de lombo recheo.

Tamén, pero esta vez a conta da organización, todos aqueles bares e taparías nas que a especialidade é a tortilla elaboraron este prato que foi o forte da cea.

20 músicos animaron a noite

3

Todos os participantes coa entrada recibiron unha xerra de barro, que lles serviría para a bebida da noite, así como para todo o esquecemento. Pero como non solo se trataba de cear, a organización ten previsto que 20 músicos pertencentes a diferentes grupos de Xinzo animen o recinto do campamento ata altas horas.

Unha vez rematada esta noite, o campamento pecharase para mañá rematar cos últimos detalles particulares de cada caseta, tanto de romanos como castrexos.

2