A oposición limiá únese para esixir que o alcalde explique a súa situación xurídica
Solicitan un pleno extraordinario ante as sentenzas a acusan ao rexedor de desviación de poder e indicios de prevaricación
REDACCIÓN redac@dendealimia.comDespois da decepción e das escasas explicacións, sen presenza do alcalde, da reunión de voceiros celebrada o pasado luns, a oposición política do Concello de Xinzo uniuse para esixir a convocatoria dun pleno extraordinario. O obxectivo será que o rexedor, o popular Antonio Pérez, dea explicacións sobre cal é a súa situación xurídica. Os opoñentes políticos de Pérez súmanse ante as diferentes sentenzas que foi acumulando nos últimos tempos, e que o acusan de desviación de poder e prevaricación.
Segundo varios maxistrados da provincia a conduta do líder político durante o pasado ano foi irregular e constante, ademais de realizada con plena consciencia da súa ilegalidade por manter en nómina a determinadas persoas, pese aos reparos do secretario e do interventor, amén do incumprimento do Real Decreto que restrinxía a incorporación de novo persoal nas Administracións públicas ao longo do 2012. Para o resto de partidos que teñen representación en Xinzo de Limia, esta situación ten xerado inquietude e incertidume entre os habitantes da vila, polo que son merecentes dunha explicación do seu alcalde, que esperan que de por fin durante esta sesión extraordinaria.