Óscar Ibáñez no XXV Aniversario na Banda de Gaitas de Xinzo

Cartaz Óscar Ibáñez & Tribo
Óscar Ibáñez no XXV Aniversario na Banda de Gaitas de Xinzo
O músico pontevedrés ofrecerá mañá (sábado) ás 20:30 horas desta tarde un concerto na Casa da Cultura REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Non se cumpren...

O músico pontevedrés ofrecerá mañá (sábado) ás 20:30 horas desta tarde un concerto na Casa da Cultura

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Non se cumpren 25 anos tódolos días, e na Banda de Gaitas de Xinzo de Limia sábeno. Por iso, decidiron celebralo por todo o alto, organizando para este ano de aniversario unha serie de actividades á altura desta efeméride. Entre elas, o concerto que o gaiteiro Óscar Ibáñez ofrecerá coa súa Tribo mañá pola tarde na Casa da Cultura.

A partir das 20:30 horas o músico pontevedrés interpretará para quen queira achegarse a escoitalo, pois a entrada é libre, os temas do seu novo disco “Alén Mar”. Os responsables de que este acto sexa posible son a Escola de Gaitas e Percusión e a Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, as encargadas da organización.