O Outono tamén é tempo de plantas

plantas2
O Outono tamén é tempo de plantas
O Concello de Xinzo está a encher os xardíns con 250 novas plantas de 5 especies diferentes

As rúas de Xinzo de Limia estanse a encher de cor e vida. Non só a iluminación e a decoración de Nadal anuncian a chegada plantasdestas festas na vila, pois o Concello, a través da concellaría de Infraestruturas e a brigada de Medio Ambiente que dirixe Rafa Penabad, tamén plantou 250 novas especies nos lugares máis transitados. En concreto, trátase de ciclámenes vermellos en Carlos Casares, Praza Maior, Praza San Roque, Praza do Cruceiro, rúa Galicia e o entorno da Igrexa Vella. Os pensamentos tricolores decoran Ferrocouselo e o parque do Pombal. Tamén locen algunhas plantas da tipoloxía Skimmias japónica e Hebes verónica. O executivo local afánase en que este Nadal sexa especial para os veciños e elaborou unha programación con grandes novidades, como a pista de patinaxe sobre xeo ou o mercado de Nadal na praza Carlos Casares. Panabad explicou que na actualidade se están a instalar as casiñas de Nadal e haberá máis sorpresas na Praza Maior, ademais da casiña de Papá Noel.