A PANTALLA XA TEN “,MARCA REXISTRADA”

A (1)
A PANTALLA XA TEN “,MARCA REXISTRADA”

A Oficina Española de Patentes y Marcas comunica o Rexistro de Marca da Mascara da Pantalla do Entroido Limiao

O Pasado 11 de xuño, o Ministerio de Turismo, Industria y Energía do que depende a Oficina Española de Patentes y Marcas, comunicaba o Concelleiro Limiao Carlos Gómez, actual Concelleiro de Turismo, a concesión, o Concello de Xinzo de Limia por un período renovable de dez anos, do Titulo do Rexistro de Marca da Mascara da Pantalla do Entroido Limiao en aplicación da lei 17/2001 de 7 de decembro, que confire a Institución Municipal, o dereito exclusivo a utilizala no trafico económico.

Esta vella demanda, que xestionou Carlos Gómez anterior Concelleiro de Cultura cos veciños da vila Antelana que vían preocupados como en ocasións a Pantalla e utilizada de xeito mercantil ou irrespetuoso, producíndose en algúns casos unha alarmante desvirtualizacion dos canones de fabricación e uso da mesma.

Con este rexistro de marca, o Concello de Xinzo, pretende dotar os veciños de un istrumento legal para preservar esta tradicional Mascara símbolo identitario do Pobo e dun dos entroidos mais senlleiros e recoñecidos de todos cantos se festexan que esta tramitando a Declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.Titulo Patente Pantalla una pagina

De feito, a partires deste momento calquera que queira utilizar a Pantalla cos fines definidos na concesión da Patente, tera que solicitar o oportuno permiso o Concello Limiao previa presentación de memoria xustificativa. Pola contra o Concello poderá en aplicación desa mesma Patente abrir expedente sancionador a quen incumpra a norma.