As Pantallas participan no gran desfile de Entroido que se vai celebrar en Compostela

pantalla
As Pantallas participan no gran desfile de Entroido que se vai celebrar en Compostela

O vindeiro 10 de setembro Santiago de Compostela vaise converter no punto de encontro dos Entroidos máis importantes de Galicia organizado por Turgalicia.

As Pantallas de Xinzo de Limia van participar nunha nova edición da mostra dos carnavais tradicionais da nosa comunidade. Estarán acompañadas polos Peliqueiros ou os Xenerais do Ulla entre outros moitos traxes.

A cita dará comezo ás 13h na monumental praza do Obradoiro. As Pantallas irán acompañadas por un grupo de gaiteiros para percorrer a cidade pola rúa de Fonseca, Rúa do Vilar, Praza e Cantón do Toural, Rúa Nova, Rúa de Xelmírez, Praza das Praterías e rematarán de novo no Obradoiro.

En total serán máis de 400 participantes en representación dos Entroidos declarados "Festa de Interese Turístico".