O PARQUE DE BOMBEIROS DE XINZO CONTA DENDE ONTE CON DETECTORES DE FUMO

141
O PARQUE DE BOMBEIROS DE XINZO CONTA DENDE ONTE CON DETECTORES DE FUMO

2358 unidades repartiranse entre as persoas que viven no rural

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, entregou hoxe 4425 detectores de fume con destino á poboación que vive en núcleos dispersos do rural galego, dentro da zona transfronteiriza do norte de Portugal que afecta á provincia de Ourense.

Con esta medida contribúese a reforzar a seguridade daquelas persoas que viven en núcleos dispersos do rural galego dentro da zona Ariem 112, grazas a que estes detectores de fume para uso doméstico permiten axudar a protexer vivendas que poidan ser máis vulnerables ás consecuencias dun incendio.

140Luis Menor entregou 2358 detectores no parque de bombeiros de Xinzo e 2067 detectores no parque de bombeiros de Verín, segundo os criterios que estableceron de dispersión de poboación, número de persoas con pouca mobilidade ou con discapacidade física ou psíquica recoñecida ou persoas que vivan solas.

O Ariem 112 é un proxecto de carácter multirrexional enmarcado no Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (Poctep) 2007-2013, que ten como obxectivo o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante emerxencias na zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns (informáticas e de comunicacións), a formación e a implantación de métodos e protocolos de intervención comúns a tódolos servizos.

Grazas a este proxecto, adquiriuse material por valor aproximado de 2,8 millóns de euros. Neste investimento destacan unha plataforma de xestión de recursos de emerxencias especifica para a zona fronteiriza (Remote Manager), drons, terminais de comunicación con estándar Tetra, sistemas de videoconferencia para os centros 112 da zona e tres cisternas gran nodriza con capacidade de ata 40.000 litros para apoio na loita contra incendios e subministración de auga en tempo de seca. Este equipamento está pensado para ser utilizado en calquera lugar da zona fronteiriza do proxecto Ariem 112