O Parque de Bombeiros de Xinzo intégrase no consorcio provincial contra incendios

O Parque de Bombeiros de Xinzo intégrase no consorcio provincial contra incendios

Dende o luns púxoselle fin ós consorcios comarcais

O Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, xunto co de Vadeorras e Verín, pasan a formar parte do consorcio provincial. Deste xeito desaparecen os consorcios comarcais.

Esta nova asociación estará operativa a partir de xaneiro de 2016. A medida aprobada pola Deputación e a Xunta, coordinará os servizos de prevención e extinción de lumes e de emerxencias de toda a provincia.

Coa creación do consorcio provincial estímase una aforro económico de 60.000 euros ó ano que se lle pagaba ós directores por acudir a reunións. Así mesmo, a Deputación prevé un ingreso de 600.000 euros anuais de parte da patronal de seguros.

O director xeral de emerxencias da Xunta, sinalou que con esta medida a provincia quedará cuberta por un servizo homoxéneo. Luis Menor declarou que a nivel operativo, o consorcio provincial será máis eficaz pois a calquera momento o presidente pode ordear un movemento, sen a necesidade de entrar en colaboración con outros consorcios comarcais, como se facía ata agora.