Patricia F.S
22 de agosto de 2016, 21:09
A xornada do venres será un día especial para os amantes do ciclismo. A volta ciclista pasará pola Limia entre as 13h e as 15.30h. Durante este tempo procederase a pechar ó tráfico á estrada Nacional 525.
O corte afecta á Avenida de Ourense e Avenida de Madrid en Xinzo de Limia e o treito da estrada que comunica Porto Alto con Trasmiras.
Dende o Concello de Xinzo piden a colaboracion dos condutores rogando que tomen outras vías alternativas para evitar problemas. Así mesmo tamén solicitan que as persoas que teñan animais presten especial atención durante o paso da volta ciclista e evitar así posibles accidentes por invadir a estrada.