miércoles. 06.07.2022
"haberá tractores na rúa do paseo de Ourense"

Os pataqueiros NON poden máis

O día 30 volverán a manifestarse, esta vez en Ourense

Asistentes á reunión dos pataqueiros
Asistentes á reunión dos pataqueiros

Este xoves a última hora, na Casa da Cultura de Xinzo, tivo lugar unha reunión da asociación de produtores de pataca da Limia, presidida por Amador Díaz, con un solo punto na orde do día, que foi aprobado por unanimidade de todos os presentes.

SITUACIÓN INSOPORTABLE

Ante a situación actual dos prezos das enerxías, sobre todo a do gasóleo agrícola, e ante a falla de propostas de solución por parte do goberno, non lles queda outra, que volver ás manifestacións.

Hai algúns colleiteiros que neste momento están abocados ao peche.

20220623_202650
Directiva da asociación

A directiva propuxo aos presentes manifestarse a semana que ven comezando por Ourense e despois unirse as diferentes manifestacións que se están a programar ao longo do estado, posto que a situación nestes momentos é insoportable polos produtores, e tal e como se ve o futuro, a cousa vai a ir a peor.

A decisión, como xa o fixeran na anterior será pórse en contacto coa outra asociación da Limia ADEGAL e cos sindicatos para ir conxuntamente a manifestación ante a Subdelegación do goberno.

Tamén anunciou Amador, que desta vez...tamén haberá “tractores” no paseo de Ourense

O GASOLEO A 1,57, DESPOIS DO DESCONTO UN 100% MÁIS QUE FAI UN ANO

Aínda que nestes momentos a produción do trigo e da colza é boa, e cas patacas sementadas e agradecidas pola chuvia destes dias, o problema e ver como se pagan as colleitadoras tanto destes produtos, como a fin do verán das patacas.