O representante da asociación de produtores de pataca da Limia, Armador Díaz manifestou a saída da reunión mantida esta mañá que estaban esperanzadamente satisfeitos.
A reunión segundo as súas interpretación foi positiva. Estaban todos os afectados polo problema que temos na comarca, e somos nos neste momento os máis afectados, porque son aos que lles poñen as multas.
SANCIÓNS SOLO AOS AGRICULTORES
Dun tempo a esta parte as sancións póñennolas a nos por “acopio” de abono. Este ano nos xa non facemos ese acopio que lle chaman, se non que estamos a repartir o abono dunha maneira diferente, aínda que segundo o noso punto de vista estase estendendo de mala maneira.
Por outra banda notamos en falta a CHMS, que non estivo na reunión, non sabemos o motivo, o mellor e que non a invitaron. Para nos era moi importante que estivera, porque precisamente ese organismo é o que está a por as denuncias aos agricultores.
PRÓXIMA REUNIÓN CO CONSELLEIRO
O Director Xeral anunciou outra pronta reunión, esta vez co Conselleiro previsiblemente na que virá con propostas completas para tratar de ir paliando un pouco o problema da Limia, no tocante ao medio ambiente e as augas.