Penalti dubidoso a favor do Antela

Penalti dubidoso a favor do Antela

Boas, unha semana máis pasamos a resumir a xornada da segunda rexional dos equipos limiaos: Empezamos co pequeno resumo do Boado-Xunqueira partido moi físico tendo que destacar a boa actuación do meta Luís María do Xunqueira, o Boado non foi quen de superalo con algunha ocasión clara a pesar de este empate unha xornada máis segue líder e cunha xornada menos para lograr o tan desexado ascenso.

Despois da derrota clara do Paderne en Riós o Antela sóbese outra vez o tren do ascenso cunha clara vitoria ante o Sande a pesar das baixas locais,  aínda así xogada dubidosa no minuto75 a favor do antela penalti máis que discutido.

O Cualedro saca 3 puntos importantísimos en Maceda que o pon a un punto da salvación provisional.

O Piñeira saca un punto nun campo moi difícil como  ó de Viana e segue xogando co lume do descenso.O  Porqueira saca unha vitoria moi importante na casa que o pon a 5 puntos da salvación cun gol de Xosé Ángel que ben pode valer o final unha salvación.