lunes. 27.03.2023

Os pequenos de Bande máis preto da nosa música

O Concello tamén pon en marcha cursos de informática e novas tecnoloxías REDACCIÓN Un novo curso da Escola de Gaitas inaugurouse esta...
banda_gaitas

O Concello tamén pon en marcha cursos de informática e novas tecnoloxías

REDACCIÓN

Un novo curso da Escola de Gaitas inaugurouse esta mañá no Salón de Actos do Concello de Bande. Os pequenos a partir de seis anos poderán iniciarse nas artes da gaita e a percusión, e os de máis de catro no canto e a pandeireta, da man de Marco Foxo e Cristina Pumar. Os cursiños, que son gratuitos, empezan hoxe e celebraranse cada sábado de 12 a 13:30 horas na Casa do Concello.

Cursos de informática

A parte de formar ás novas xeracións en música tradicional, este consistorio da Baixa Limia organiza a partir do próximo día oito, cursos de informática e novas tecnoloxías.

Todos os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas destrezas no manexo dos ordenadores persoais e a Internet, ata o mes de decembro, tódolos martes pola mañá.

Comentarios