Os pequenos peregrinos do CEIP Carlos Casares visitaron o expositor de Xinzo en Xantar e recibiron un obsequio da alcaldesa
Os pequenos peregrinos do CEIP Carlos Casares de Xinzo acapararon todas as miradas esta mañá en Xantar. Non faltaba detalle na súa vestimenta e, acompañados da alcaldesa, Elvira Lama, visitaron o expositor do Concello, onde recibiron como agasallo un protector para o pescozo. Tamén fixeron unha parada no stand da Asociación de Amigos da Vía da Prata. Cómpre destacar que o salón internacional ten, nesta edición, o firme obxectivo de promocionar a gastronomía do Camiño. Os nenos iniciaron a súa aventura como peregrinos nas últimas semanas e, en diferentes etapas adaptadas a súa corta idade, chegarán á capital galega antes de que remate o curso escolar. O obxectivo da iniciativa non é outro que os pequenos coñezan sobre o terreo o patrimonio da Limia e do Camiño a través da Vía da Prata.