“A perro flaco, todo son pulgas”, xa non eran poucos os problemas e agora isto

planta de residuos gandeiros de sarreaus
“A perro flaco, todo son pulgas”, xa non eran poucos os problemas e agora isto

ADEGAL INSTA Á XUNTA A BUSCAR SOLUCIÓNS ANTE O CERRE DA PLANTA DE RESIDUOS GANDEIROS

Os productores da zona quedan sen un servicio que consideran \“imprescindible\”.

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) quere mostrar o seu rexeitamento ó novo decreto enerxético que derivou no peche do Centro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus na Limia, e insta á Xunta, e tamén á Deputación, a adoptar medidas que permitan que retome a súa actividade. A planta prestaba un servicio esencial para unha bisbarra na que gran parte das familias dependen deste sector, e permitía compatibilizar a actividade agrícola e gandeira coa protección do medio, facilitando a reciclaxe dos residuos das explotacións da zona.

Non obstante, o peche da instalación deixa ós gandeiros sen este servicio imprescindible e tiveron que adoptar medidas de urxencia para xestionar os excedentes, buscando novos terreos para depositalos como abono. Ante a falta de terreos dispoñibles na comarca, os residuos gandeiros deben ser agora transportados a distancias de máis de 100 quilómetros das explotacións. Esta solución é tremendamente custosa para os produtores, xa que o gasto medio que representa para cada explotación ascende a máis de 40.000 euros anuais. Trátase dunha cifra "inasumible" para as granxas, a maioría delas de carácter familiar, que nos últimos anos veñen sufrindo as consecuencias da crise de consumo e a continua redución das marxes de venda.

De non se encontrar unha solución que permita reactivar o CTM, este novo gasto suporía a ruína e o peche de moitas das explotacións, das que dependen directamente numerosas familias da zona e, indirectamente, o comercio e gran parte dos negocios da Limia. O peche da planta tamén supuxo a perda dos 12 postos de traballo que xeraba.

INVERSIÓN PERDIDA

Os produtores da Limia non entenden as razóns que levaron a adoptar unha medida tan prexudicial para unha comarca gandeira como a limiá. A planta foi construída fai tan só sete anos e xestionaba os residuos gandeiros dun modo totalmente respectuoso. O investimento realizado queda agora perdido, algo incoherente cando os productores seguen necesitando este servicio.

Nesta liña, a ADEGAL considera contradictorio que a Xunta e a Deputación non tomen medidas para evitar o peche da planta de residuos gandeiros, a pesar de que son plenamente conscientes da urxencia de reforzar a protección ambiental na zona e, de feito, traballan en iniciativas ó respecto, como o proxecto "Life Regenera Limia".

Así mesmo, esta Asociación mostra unha vez máis o seu rexeitamento ás acusacións que reciben os colectivos que representan de supostamente contaminar a comarca, mentres á vez se consente o peche dunha planta creada para facilitar a reciclaxe dos residuos. Os agricultores e gandeiros da Limia son os primeiros interesados na maior protección ambiental da zona, e en que a actividade que desenvolven sexa totalmente compatible co máximo respeto ó entorno.

Ante esta situación, ADEGAL insta a Xunta e Deputación a buscar solucións económicas que permitan que a planta retome a súa actividade, facilitando a reciclaxe dos residuos gandeiros e mantendo a protección ambiental da zona.