Oito persoas detidas na provincia por 76 roubos con forza, dous delas en Xinzo

guardia civil
Oito persoas detidas na provincia por 76 roubos con forza, dous delas en Xinzo
Esta actuación da Garda Civil está encadrada na “Operación Soplete” iniciada no mes de maio REDACCIÓN redac@dendealimia.com Dous veciños de As Campanillas no...

Esta actuación da Garda Civil está encadrada na “Operación Soplete” iniciada no mes de maio

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Dous veciños de As Campanillas no Concello de Xinzo foron detidos onte pola Garda Civil xunto con outras seis persoas no marco da “Operación Soplete”, por 76 presuntos delitos de roubo con forza nas provincias de Ourense e Lugo.

O suceso que iniciou as investigacións foi un roubo perpetrado o pasado maio nos traballos do AVE en Ponte Ambía, no Concello de Taboadela. Tanto nesta actuación como nas sustracións das que se lles acusa nunha empresa cárnica de Bouzas, nas granxas de Carballiño e Soutomaior ou en vivendas de Vilamarín, Luíntra, A Peroxa ou Maside, o que buscaban os ladróns era cable de cobre e maquinaria. Todo o material que recollían almacenábano nos seus domicilios para intentar vendelo despois, segundo confirmou a Garda Civil. O Instituto Armado asegurou así mesmo que a operación continúa aberta, pero que coas detencións se esclareceron a meirande parte dos roubos.