Piden nove anos de prisión para un veciño de Trasmiras por agredir sexualmente á súa irmá

Piden nove anos de prisión para un veciño de Trasmiras por agredir sexualmente á súa irmá

O acusado asegura que se trata dunha “denuncia falsa” por vinganza 

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

 A culpa de todo tena o reparto da herdanza familiar. Iso é o que asegura un veciño de Trasmiras para quen o fiscal pide ata sete anos de prisión por un presunto delito de intento de agresión sexual contra á súa irmá. O acusado asegura que a denuncia é falsa e que a súa irmá móvea a vinganza tras non quedar conforme coas fincas que lle tocaron.

A pesar destes argumentos polos que a defensa pide a libre absolución, a fiscalía solicitou no xuízo celebrado onte a porta pechada, nove anos de prisión para o acusado. A vista contou coa testemuña de axentes da Garda Civil, familiares da vítima e forenses que quixeron resaltar a existencia dunha suposta discapacidade intelectual da denunciante.  O xuízo no que non se formulou acusación particular quedou visto para sentenza.

Imaxe destacada: Vista do Concello de Trasmiras.